Procurar no blog

DESTACADO

METEOtempo NOTICIAS

A célula de  Ferrel, onde habita o coronavirus Non é casualidade que o impacto do virus que afecta a todo o planeta concéntrese...

O Máis Visitado

Xavier Fonseca

Entrevistamos a Xavier Fonseca Blanco, o famoso meteorólogo que traballa para A Voz de Galicia.


Deixámosvos coa entrevista:

Sabemos que es periodista, máis concretamente, divulgador científico, en que consiste o teu traballo?

O meu traballo é bastante duro, xa que
todos os días teño que facer unha noticia relacionada coa meteoroloxía ou coa ciencia, uns campos moi pequenos para ter que facer todos os días unha nova.
Chego ao traballo e busco unha noticia relacionada co tempo, ou tamén como o clima inflúe e influíu na historia.

Que estudos levaches a cabo para traballar na divulgación da meteoroloxía?

Fixen xornalismo pero gústame moito a ciencia porque o meu pai é matemático e dende a familia sempre me inculcaron a cultura científica, nunha rama do xornalismo escollín ciencia e dentro desta decanteime por outra do tempo, pero eu dixen que non iamos facer o de sempre, nós non dicimos se mañá vai chover, nós dicimos por que, e iso é o que diferencia a Historias do Tempo en relación a todos os outros medios de comunicación. 

Tamén sabemos que es doutorado no cambio climático, explícanos que é iso?

Cando levo case 10 anos facendo xornalismo, especializado en meteoroloxía e cambio climático, tamén dou charlas sobre isto. O cambio climático o maior problema ao que se enfronta o ser humano, por iso me especialicei para descubrir máis cousas sobre este tema e concienciar ao mundo sobre esta realidade. Fun a congresos, a charlas para aprender, fixen na universidade o doutorado.

A que idade che xurdío a curiosidade polos temas do tempo?

A astronomía e a ciencia, a min, dende pequeno me fascinaban, co tema do tempo en concreto, cando empecei ca Voz de Galicia, no ano 2010. Cando cheguei dixéronme que todos os días tiña que sacar unha nova historia do tempo, a primeira reacción foi chorar, eu dicía, isto é imposible "non podo estar todos os días encima". Isto obrigoume a informarme moito, sobre todo a ler, a ler moito, e ao final acabeime metendo tanto neste mundo que agora non podo saír, e xa que me metín métome de cheo, tamén por iso fixen o doutorado.

Saes na televisión dando información do tempo?

Antes si, porque tiñamos o V Televisión unha canle da Voz de Galicia, a canle pechou pero todos os días ás 8:00 da mañá saio no facebook da Voz dando a previsión meteorolóxica.

Cal foi o traballo máis interesante que fixeches?

Creo que foi cando fun a Canarias e coñecín a Stephen Hawking, entrevistei a varios premio Nobel, ese creo que foi o traballo máis bonito, xa que aprendo moito de xente moi intelixente, e poder entrevistalos... Tamén dar charlas nos colexios é profundamente satisfactorio, sei que aporto educación sobre as nenas e os nenos. 

Que experimentos ou ideas tes levado a cabo dos que estés especialmente satisfeito?

Cando empecei co tema de Historias do Tempo, que xa levo máis de 2.000 historias contadas máis un especial de  Stephen Hawking sobre a teoría da relatividade, e fun a Alemaña a conferencias, do que estou moi orgulloso. Eu creo que nesta vida hai que ter iniciativa, é dicir, ninguén vai  chamar á túa porta, tes que ir detrás dela. E iso é algo imprescindible, se che gusta iso vai por el.

Tés un equipo de colaboradores?

Non, a  verdade é que non. Bueno algunha vez algún cámara me axuda pero realmente traballo só.

Que é o que máis che gusta de ir falar ás escolas?

Cando me preguntan cousas, dende logo, eu  creo sinceramente que a educación e moi importante, cando es xove, aínda que despois tamén. A min cambioume a vida unha profesora que me dixo, Xavi este é o camiño. Eu escribo artigos pero non me coñecedes, por exemplo a televisión ten un trato máis cercano co espectador, por iso me gusta visitar ás escolas. Un pouco por iso fixen o doutorado, a min gustaríame dar clase nas universidades, e estar cara a cara coa xente, gústame escribir pero tamén me gusta estar cara a cara cos rapaces.

Que aficións tes a parte do tempo?

Gústame moito o deporte, xogo ao tenis, saio correr, e encántame nadar. Un dos meus desexos sería ir a augas tropicais e nadar con baleas, son un "fanboy" das baleas, o ano pasado vin unha balea azul nas rías baixas e foi a miña mellor experiencia que tiven en toda a miña vida.

No teu twitter defíneste como divulgador científico e observador do ceo, cres que no campo da meteoroloxía sempre hai algo que aprender?

Dende logo, cando estiven nos premios Princesa de Asturias, coñecín unha oceanógrafa que foi a primeira muller que baixou ao fondo do océano, cando Neil Armstrong chegou á Lúa. Ela dicía que o océano está aínda por explorar, non hai nada máis dinámico que o coñecemento científico.

Por que te especializaches no cambio climático?

Porque iso vai dar moito que falar, e aínda estamos  nunha primeira etapa, creo que dende os medios de comunicación hai que facer esta labor, coñecer tal ameaza sobre os seres vivos máis en profundidade.

Cres que o cambio climático vai acabar ca raza humana?

Que desaparezan todos os seres humanos non, iso solo o pode facer un meteorito, isto vai ir moi lentamente, pero si creo que chegaremos ao colapso.

Cres que a formación da vida na terra é unha coincidencia?

Hai unha teoría que se chama a teoría "Da Terra Rara" que di que a terra ademais de estar na zona habitable do Sistema Solar, ten un xigante como Xúpiter que a protexe dos meteoritos, como que a vida na Terra é algo moi estraño. Fai pouco descubrimos que a Terra non é plana e moitas outras cousas como que non hai só o noso planeta, estamos rodeados destes, pero eu sinceramente creo que hai vida extraterrestre e creo que imos atopala máis pronto que tarde.

Cres que, sen o cambio climático, a auga da Terra poderíase acabar?

Si, está demostrado que o Sol vai acabar consumindo a terra, e evaporando a súa auga. Pero iso pasará dentro de millóns e millóns de anos.

MOITAS GRAZAS POR ADICARNOS ESTE TEMPO, ATA A PRÓXIMA!
Enlaces: