Procurar no blog

DESTACADO

METEOtempo NOTICIAS

A célula de  Ferrel, onde habita o coronavirus Non é casualidade que o impacto do virus que afecta a todo o planeta concéntrese...

O Máis Visitado

VIAXE A METEOGALICIA

Fai uns días fomos de excursión a Meteogalicia onde nos recibiron cos brazos abertos, foi unha experiencia inolvidable totalmente recomendable.
Deixámosche aquí un pouco de información sobre meteogalicia:

Edificio de Meteogalicia en Santiago de Compostela
Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais:
  • Predición operativa
  • Predición numérica
  • Visualización
  • Climatoloxía
MeteoGalicia desenvolve tamén modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas predicións meteorolóxicas. MeteoGalicia dispón dunha na que se poden atopar as distintas predición realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e mais información sobre as actividades do servizo. Hoxe en día ofrece unha das mellores predicións meteorolóxicas de Europa.
Desde 2001 realiza a previsión marítima xunto coa meteorolóxica. MeteoGalicia utiliza un sistema pioneiro de predición marítima e oceanográfica que permite predicir o estado do mar con catro días de antelación en dous tramos de día, de mañá e tarde; facilita así mesmo información específica sobre modelos de ondas costeiras e correntes, a dirección do vento, estado do mar, mar de fondo, altura de fondo, temperatura da auga, do ar e índice ultravioleta máximo.
As predicións fanse para catro zonas: Costa CantábricaÁrtabra e Bares, Costa da Morte e Rías Baixas, até 20 millas mar adentro. Pódense ver as rías de forma independente.
MeteoGalicia
Fundación2000
MatrizConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
LocalizaciónRúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela A Coruña GaliciaGaliza
FundadorXunta de Galicia
IndustriaMeteoroloxía
Número de empregados25
Páxina webmeteogalicia.es
Páxina web deste apartado:

Ningún comentario:

Publicar un comentario