Procurar no blog

DESTACADO

METEOtempo NOTICIAS

A célula de  Ferrel, onde habita o coronavirus Non é casualidade que o impacto do virus que afecta a todo o planeta concéntrese...

O Máis Visitado

CÓMO PARTICIPAR EN METEOtempo ESCOLAS


  1. Envíanos un Correo a meteotempo.ga@gmail.com expoñendo a necesidade que desexas cubrir; neste caso: participar en METEOtempo Escolas. Debes incluír no correo: Centro Educativo, En Que Desexas Participar:
  2. Podes Participar en:


  1. Recollida de Fotografías, mínimo 1 á semana, debese sacar o estado do ceo ou a situación meteorolóxica no centro educativo. Teñen que incluir: fecha, hora (aproximada), Concello e un nome para mostrar (este pode ser o nome do centro ou un apodo inventado) DEBES ENVIALAS AO CORREO.
  2. Recollida de datos da estación meteorolóxica do centro. Debense actualizar os datos mínimo 1 vez á semana, neste caso habilítaremos ao colexio ou instituto un contrasinal para poder acceder a páxina de estacións meteorolóxicas da Páxina de METEOtempo, Debese incluir o concello (para máis exactitude as coordenadas xeográficas da estación en concreto). Os datos recollidos deberán encher os campos: auga acumulada, temperatura máxima e mínima, estado do ceo e o nivel de confort (ainda que este sea tomado por unha persoa). Poden conter máis datos como o vento. E imprescindible poñer o día e a hora de recollid de Datos e débense recoller o mesmo día a mesma hora (ou aproximada).
  3. Identificar o clima dunha localidade ou de varias. Os alumnos deberán facer gráficas do clima do Concello ao que van ao centro. Apuntando por días ou semanas os datos do tempo e así facer unha gráfica en representación do clima do concello, A gráfica será correspondente a estación do ano: unha gráfica para a primavera, outra para o outono e outra para o inverno (non se incúe o verán debido a que parte deste non é lectivo) Ao final da estación climática terán que enviar os datos ao noso correo mencionado arriba e o Nome de como quere que se chame o seu apartado.
  4. Identificar un problema climático. Neste caso os alumnos deben identificar un problema climático e presentar unha solución a este, deben demostralo, analizando semana trás semana se o problema persiste ou retorna, se diminúe ou avanza. Deven enviar ao correo de METEOtempo este proceso incluíndo o centro educativo, problema climático e a súa posíble solución.
E se o centro se compromete a seguir o plan decidido durante o curso escolar.
PODEN PARTCIPAR: INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA incluindo as trés dun mesmo centro se así o decide este. Todos deberán ter un profesor coordinador e un subcoordinador (obligatorio).

Ningún comentario:

Publicar un comentario